Inicio Galicia O DOG publica o cambio de titularidade do antigo trazado da estrada...

O DOG publica o cambio de titularidade do antigo trazado da estrada provincial LU-P-2801 a prol do Concello de Riotorto

0

Coa transferencia do treito contiguo a unha vía municipal, que discorre entre as edificacións do núcleo de Augaxosa, o concello poderá acometer a mellora do firme de ambos treitos

O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar hoxe o decreto polo que se autoriza o cambio de titularidade do antigo trazado da estrada provincial LU-P-2801 a prol do Concello de Riotorto, entre os p.q.7+020 e o p.q. 7+448. Deste xeito, dáse cumprimento a acordo do Consello da Xunta do pasado día 9 de maio, no que se acordou a transferencia desta estrada ao municipio lucense.

O Concello de Riotorto solicitou á Deputación Provincial de Lugo o cambio de titularidade do tramo contiguo a unha vía municipal, que discorre entre as edificacións do núcleo de Augaxosa, para acometer a mellora do firme de ambos treitos.

O organismo provincial de Lugo considera axeitada a actuación que vai a acometer o Concello de Riotorto, polo que informa favorablemente o cambio de titularidade.

A transferencia a prol do Concello de Riotorto deste antigo treito provincial tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que deberá ser aprobado por decreto da Xunta, por proposta da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e logo do acordo entre as administracións implicadas.

Co cambio de titularidade, o Concello de Riotorto terá a competencia para actuar en ambas vías e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento. Pódese ampliar a información relativa a este anuncio aquí. 


- Te recomendamos -