Inicio Galicia O DOG publica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona...

O DOG publica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Castelaus, no concello ourensán de calvos de Randín

0

Trátase dunha reorganización territorial que beneficiará a 422 propietarios e na que Medio Rural leva investidos máis de dous millóns de euros

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a aprobación do acordo da reestruturación parcelaria da zona de Castelaus, no concello de Calvos de Randín, polo que se determinan os predios de reemplazo cos novos titulares. Así, está xa pechada a superficie resultante da reorganización e a nova clasificación da terra, con que se da un paso máis de cara á finalización do proceso.

Esta concentración implica a reorganización de 10.897 parcelas que pasan a ser 1.313 predios pertencentes a 422 propietarios. En total son 742 hectáreas de actuación, principalmente para labradío, onde os veciños se viron beneficiados polo incremento da superficie media das terras, que foi superior ao 600%, pois pasouse de 600 metros cadrados a máis de 4.600.

Nesta reorganización territorial, a Consellería do Medio Rural leva investido máis de dous millóns de euros, a meirande parte destinados á execución da rede de camiños e a investimentos en servizos técnicos.(Enlace á publicación no DOG:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181001/AnuncioG0426-190918-0003_gl.html ) 


- Te recomendamos -