Inicio Galicia O delegado territorial da Xunta en Lugo participou na presentación da nova...

O delegado territorial da Xunta en Lugo participou na presentación da nova directiva da asociación de comerciantes 'A Mariña Federación'

0


O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na cerimonia “Cinco anos facendo comarca” coa que a asociación de comerciantes e hostaleiros A Mariña Federación presentou o seu programa de traballo e a nova xunta directiva que presidirá Jose Carlos Paleo.

O delegado púxose a disposición dos asociados e gabou o traballo desenvolto polas persoas que formaron parte deste colectivo ao longo deste primeiro lustro de actividade, “polo seu compromiso, dedicación e esforzo, a favor do comercio da Mariña e por iniciar un camiño de unidade que paga a pena seguir percorrendo”. 


- Te recomendamos -