Inicio Galicia O Consorcio Casco Vello de Vigo formaliza a venda de catro novas...

O Consorcio Casco Vello de Vigo formaliza a venda de catro novas vivendas, en Subida ao Castelo 12 e Subida á Costa 5

0

Trátase de vivendas rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello de Vigo, participado nun 90% polo Goberno galego e nun 10% polo Concello vigués 


O Consorcio Casco Vello de Vigo, participado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun 10 polo Concello de Vigo, formalizou hoxe a venda de catro novas vivendas de protección autonómica rehabilitadas nos edificios Subida á Costa 5 e Subida ao Castelo 12.

Así o informou hoxe o delegado da Xunta en Vigo e presidente do ente rehabilitador, Ignacio López-Chaves, quen recordou que as dúas novas promocións do CCVV supuxeron para este organismo un investimento superior aos 500.000 euros. As catro vivendas que se crearon en Subida ao Castelo 12 teñen superficies comprendidas entre os 55 e os 76 metros cadrados útiles e unicamente resta unha por formalizar a súa venda. Distribuídas en dúas plantas, todas teñen acceso directo desde a rúa e dúas delas contan cun pequeno xardín posterior, en tanto que as outras teñen balcóns abertos cara á rúa que dá nome á promoción. Os prezos dos inmobles oscilaron entre os 95.000 e os 125.000 euros.

En Subida á Costa 5 o Consorcio Casco Vello creou unha vivenda unifamiliar, situada na primeira planta, e un baixo comercial, rehabilitando un edificio anteriormente dedicado a usos hostaleiros; situada moi preto do centro de notificacións da Consellería de Xustiza e do Concello de Vigo, a vivenda ten unha superficie de 69 metros cadrados, conta con dous dormitorios e o prezo fixouse en 114.000 euros.104 vivendas rehabilitadasAta o momento actual o Consorcio do Casco Vello de Vigo leva adquiridos 74 inmobles, dos que 58 xa foron rehabilitados e tres están en execución. Rehabilitáronse 104 vivendas, das que 88 foron vendidas e 10 están ocupadas en réxime de alugueiro. Tamén se rehabilitaron 32 locais comerciais, dos que se venderon 6 e 12 están ocupados en réxime de alugueiro, estando os 17 restantes en fase de adxudicación.


- Te recomendamos -