Inicio Galicia O Consello Superior de Deportes concédelle á patinadora galega Nadia Iglesias de...

O Consello Superior de Deportes concédelle á patinadora galega Nadia Iglesias de Salvador unha mención honorífica no marco do Premio deportista en idade escolar ano 2017

0

Marta Míguez púxose en contacto coa deportista galega para mostrarlle o seu recoñecemento e transmitirlle os seus parabéns en nome de todo o deporte galego, asegurando que a súa traxectoria “é un exemplo para todos os nenos e nenas deste país”

O Consello Superior de Deportes vén de resolver a concesión do Premio ‘Deportista en Idade Escolar Ano 2017’ realizando unha mención honorífica á patinadora artística galega Nadia Iglesias de Salvador, natural de Ames (A Coruña). Esta candidatura foi presentada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

A secretaria xeral, Marta Míguez, púxose en contacto coa deportista galega para mostrarlle o seu recoñecemento e transmitirlle os seus parabéns en nome de todo o deporte galego, asegurando que a súa traxectoria “é un exemplo para todos os nenos e nenas deste país”.

No ano 2017 Nadia Iglesias foi campioa da fase provincial do Trofeo Deputación da Coruña, campioa da fase provincial do Trofeo Xunta, campioa provincial do Campionato provincial, campioa galega do Campionato galego, campioa de España do XXV Campionato de España da categoría júnior-sénior, campioa de Europa do Campionato de Europa cadete-xuvenil-júnior-sénior, así como bronce mundial dos Roller Games FIRS World Championships júnior-sénior. 


- Te recomendamos -