Almuiña reuníuse hoxe co alcalde Xulio Ferreiro
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, trasladoulle hoxe ao alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, o interese da Xunta para contar co Concello na elaboración do Plan funcional e de espazos no que se recollan as achegas de distintos colectivos co obxectivo de centralizar a atención hospitalaria e mellorar a atención primaria na área coruñesa.
Sanidade levará a cabo reunións cos principais axentes implicados, como colexios profesionais, asociacións veciñais e de pacientes, representantes das administracións locais e organizacións sindicais, aos que lles trasladará a invitación para sumarse a un proxecto transparente e participativo que dea resposta ás expectativas da poboación, tanto desde o punto de vista asistencial como técnico.
- Te recomendamos -