Inicio Galicia O conselleiro de Cultura visita o estado das obras de adecuación do...

O conselleiro de Cultura visita o estado das obras de adecuación do recinto de festivais do parque Monte do Gozo

0


O conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañados da comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, visitaron hoxe o avance das obras de adecuación do recinto de festivais do Parque Monte do Gozo, onde terá lugar O Son do Camiño entre os días 28 e 30 de xuño, que reunirá a bandas e artistas internacionais de primeiro nivel e permitirá amosar o talento de grupos e cantantes galegos nos preto de 40 concertos programados en tres xornadas.

Estas actuacións de mellora e actualización estanse a desenvolver principalmente no interior e no exterior do recinto, no espazo baixo o escenario, en edificios complementarios de aseos e en elementos de despacho de billetes. Como puideron comprobar na súa visita, as tarefas avanzan segundo o previsto dentro do Plan de Actuación do Parque Monte do Gozo, que xa permitiu a súa recuperación paisaxística e de usos de distintas zonas de lecer, descanso e deporte. Esta rehabilitación integral permitirá que chegue nun estado óptimo ao Xacobeo 2021, cita na que diferentes departamentos da Xunta traballan de xeito coordinado. Grazas ao Plan de Actuación do Parque Monte do Gozo, o pasado verán xa se puxeron en marcha as novas piscinas e está previsto abrir un espazo de recepción de peregrinos a cabalo.


- Te recomendamos -