Inicio Galicia ?O Camiño remata en Obradoiro? súmase ao ano dedicado ao camiño portugués...

?O Camiño remata en Obradoiro? súmase ao ano dedicado ao camiño portugués coa peregrinación do baloncestista Aza Petrovic

0

A directora de Turismo participou hoxe na presentación da cuarta edición desta iniciativa que protagonizará o ex xogador croata e actual seleccionador de Brasil

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación da IV edición de O Camiño remata en Obradoiro, o proxecto no que destacadas figuras do baloncesto internacional realizan varias etapas do Camiño de Santiago para promover os valores da ruta xacobea ao tempo que axudan a entidades sen ánimo de lucro a conseguir recursos cos que financiar as súas actividades. A edición deste ano céntrase no Camiño Portugués, sumándose así ao ano dedicado a este itinerario, incluído na planificación do Plan director do Camiño de Santiago da Xunta.

Durante a presentación, Nava Castro puxo en valor esta iniciativa ao aliñarse co compromiso do Goberno galego por promover, manter e difundir todos os itinerarios da ruta xacobea. Turismo de Galicia está a acadar este obxectivo grazas a este Plan director, do que están en marcha máis da metade das accións e que está a servir de importante revulsivo para a rehabilitación e mellora de cada un dos itinerarios xacobeos.

Leer más:  Un camionero fallece en la A-52 en Toén (Ourense) al ser arrollado después de descender del vehículo por un reventón en una de las ruedas

Tras actuar xa no Camiño Francés, no Camiño do Norte, no Camiño Primitivo, no Camiño Inglés e no de Fisterra e Muxía, os esforzos céntranse este ano no Camiño Portugués e no Camiño Portugués da Costa, cun investimento conxunto de 2,5 millóns de euros para a súa posta a punto. Trabállase no seu acondicionamento e sinalización, na promoción con actividades divulgativas e exposicións, así como no reforzo da acollida dos peregrinos.

Desde Tui a Santiago de Compostela“Pretendemos que así o Camiño de Santiago manteña a súa vitalidade e que continúe a ser un dos principais motores de Galicia e de todos os galegos, obxectivo compartido con proxectos como este O Camiño remata en Obradoiro”, indicou Nava Castro.

O protagonista desta cuarta edición será Aleksandar Petrovic -coñecido como Aza Petrovic- ex xogador croata, protagonista dos éxitos da selección iugoslava de baloncesto e actual seleccionador de Brasil, que peregrinará desde o 27 ao 31 de maio polas últimas etapas do Camiño Portugués, desde Tui ata Santiago de Compostela. Percorrerá así o Camiño Portugués, o segundo itinerario máis transitado e polo que camiñaron máis de 15.900 peregrinos no que vai de ano, unha cifra un 18% superior ás mesmas datas de 2017.  

Leer más:  La Asamblea Republicana de Vigo ha presentado una denuncia ante la Fiscalía contra el Rey emérito y las Infantas por delito fiscal y blanqueo

- Te recomendamos -