Inicio Galicia O 061 de Galicia asistiu a 93 persoas por 71 accidentes de...

O 061 de Galicia asistiu a 93 persoas por 71 accidentes de circulación durante a fin de semana

0

Desde as 15:00 horas do venres 19 de outubro ata as 23:59 horas do domingo 21 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 85 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 93 persoas debido a 71 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 19 de outubro ata as 23:59 horas do domingo, 21 de outubro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 29 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 85 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 71 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 93 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 64 % e do 36 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 27 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Leer más:  Hallan con vida cerca de su casa al octogenario de Santiago que llevaba desaparecido desde el jueves

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 34 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia AccidentesA Coruña 27Lugo 5Ourense 5Pontevedra 34Galicia 71Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 98. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en seis sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 80 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en nove accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en dous ocasións.

En 77 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 15 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa resultou falecida no punto. 


- Te recomendamos -