Puxo en valor o traballo levado a cabo polos cultivadores desta pranta, protagonistas da exposición inaugurada, como exemplo do compromiso de Galicia con este recurso que se posiciona entre súa a oferta turística
Boiro (A Coruña), 15 de decembro de 2018.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Boiro na inauguración da XV Exposición da Camelia Sasanqua e outras, que se celebra esta fin de semana, e onde subliñou a crecente importancia turística deste recurso. Neste sentido, salientou o compromiso da Consellería de Cultura e Turismo poñendo e valor a Ruta da Camelia e coa previsión de promovela de xeito especial durante 2019 no estranxeiro con accións específicas nos mercados alemán e británico.
Nava Castro fixo balance do traballo levado a cabo pola Xunta nos últimos anos nos que se conseguiu unha sinalización turística propia para este itinerario. Ademais, durante 2018 deuse un paso máis identificando con nova sinalización, neste caso no interior dos xardíns, as especies máis singulares e trabállase para mellorar a experiencia das visitas guiadas, dotándoas, entre outras medidas, cun sistema de radioguía inalámbrico.
No marco da Estratexia do Turismo de Galicia 2020 tamén se está a traballar por poñer en valor este recurso único nos mercados nacionais e internacionais con iniciativas como as celebradas durante o ano, con viaxes de familiarización e presenza nas principais feiras. A cidade de Sevilla acolleu a campaña promocional Viños e Camelias, a experiencia turística creada xunto ás bodegas que forman parte da D.
O. Rías Baixas.
Enriquecedora da experiencia turísticaAmais, celebrouse unha exposición con éxito durante a Semana Santa en Santiago de Compostela na que se combinaba o atractivo das camelias co traxe galego e que recibiu máis de 30.000 visitantes, entre outras iniciativas. Tamén se avanza en instrumentos como o Comité da Ruta da Camelia, unha ferramenta transversal para velar pola calidade dos xardíns, avaliar a posible incorporación de novos espazos ou mesmo valorar a posta en marcha de produtos complementarios que podan enriquecela, sumándose así a experiencias como Camelias durmindo en Paradores, Camelias durmindo en pazos ou Viños e camelias.
- Te recomendamos -