Inicio Galicia Nava Castro salienta os máis de 3,5 millóns que a Xunta destina...

Nava Castro salienta os máis de 3,5 millóns que a Xunta destina para o impulso turístico dos concellos e xeodestinos galegos

0

As liñas de subvencións deste ano para as entidades locais reforzan o compromiso de Turismo de Galicia por diversificar a actividade turística galega

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polos delegados territoriais da Xunta na Coruña e en Lugo, Ovidio Rodeiro e José Manuel Balseiro, inaugurou hoxe o seminario técnico A xestión dos xeodestinos de Galicia onde destacou os 3,5 millóns de euros dos que se dotan as liñas de subvencións deste ano para as entidades locais, que reforzan o compromiso de Turismo de Galicia por diversificar a actividade turística.

A xornada, na que se debateu sobre o presente e futuro do mapa turístico galego, contou coa participación de numerosos representantes dos xeodestinos, que presentaron a súa experiencia á fronte destas entidades locais así como as súas estratexias de promoción turística. Nava Castro puxo en valor o seu papel como grandes catalizadores do desenvolvemento turístico na nosa Comunidade e o compromiso do Goberno galego para o seu desenvolvemento, ao abeiro da Estratexia do turismo de Galicia 2020.

A folla de ruta elaborada co sector para acompañar o crecemento ordenado e planificado do turismo en Galicia inclúe na súa quinta liña o impulso a estas unidades municipais como eficaces xestores do destino. Tamén os xeodestinos están a ser claves para o deseño do novo Plan do Turismo Rural e para o futuro Plan de Enogastronomía. Para o primeiro deles, en fase de deseño, celebráronse xa 15 mesas de traballo nas que estiveron presentes máis de 200 axentes ligados a este sector nos xeodestinos das catro provincias.

CompromisoFroito do compromiso por consolidar a Comunidade como un destino diversificado que é quen de ofrecer atractivos turísticos repartidos por toda a xeografía, Turismo de Galicia aposta por poñer en valor os seus mellores recursos para especializar a oferta e a desestacionalizar a chegada de visitantes. Froito diso, convoca anualmente liñas de subvencións e asina convenios con distintos xeodestinos e municipios para mellorar os recursos turísticos da xeografía galega.  


- Te recomendamos -