A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe en Madrid o Pop Up Galicia. Saberes e Sabores, segunda edición desta iniciativa organizada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Fundación Artesanía de Galicia. Este evento fusiona o talento da Comunidade no eido da artesanía ou a enogastronomía a través de distintas propostas. Precisamente Nava Castro participou no showcooking do cociñeiro Iñaki Bretal, do restaurante Eirado da Leña, un dos 22 establecementos de Galicia distinguidos como Bib Gourmand pola Guía Repsol.
A demostración, celebrada no Palacio de Santa Bárbara (rúa Hortaleza, 87) e patrocinada por Galicia Calidade, empregou produtos certificados por esta marca de garantía das empresas Queixería Cas Leiras, Granja Campomayor, Rosa de los Vientos, Torre de Núñez, Cooperativa Terras da Mariña, Jamones González, Nor-ibérica de Bebidas e Quenza. Nas diferentes accións que teñen lugar do 25 de maio ao 3 de xuño participan tamén cociñeiros como Lucía Freitas, do restaurante A Tafona (Santiago de Compostela), Juan Crujeiras, do restaurante Bido (A Coruña), ou Jorge Gago, de A Maceta (Santiago de Compostela). Así mesmo, organízanse degustacións, catas, presentacións de produtos e talleres de oficios.
- Te recomendamos -