Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2018.- O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo director do Complexo Xuvenil As Mariñas, Eduardo Vázquez Sánchez, visitou os 40 mozos galegos de Galicia, A Arxentina, O Uruguai e Brasil que conviven no campamento que a Dirección Xeral de Xuventude ten en Gandarío. Logo de facer nunha primeira etapa o Camiño de Santiago desde Lugo, os participantes na primeira quenda do programa “Conecta con Galicia 2018” da Secretaría Xeral da Emigración, de entre 18 e 20 anos de idade, gozan desde o pasado sábado e ata o xoves da práctica de actividades ao aire libre, como vela, snórquel, pádel surf, wind, kaiak, orientación e tiro con arco, entre outras. O responsable autonómico mantivo un encontro cos mozos galegos, cos que charlou sobre a súa experiencia tanto percorrendo o Camiño de Santiago como no campamento.
- Te recomendamos -