Inicio Galicia Miranda pon aos galegos do País Vasco como exemplo de equilibrio entre...

Miranda pon aos galegos do País Vasco como exemplo de equilibrio entre a integración e a conservación da identidade

0

O secretario xeral da Emigración participa na celebración do Día de Galicia en Euskadi, organizado pola Irmandade de centros do País Vasco

Santiago, 17 de xuño de 2018.- O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo esta mañá aos galegos do País Vasco como exemplo do equilibrio entre a integración de todos os emigrantes espallados polo mundo, que supera o medio millón, nos seus países de destino, e a conservación da súa identidade. O responsable autonómico aproveitou a trixesimotercera edición desta celebración, que tivo lugar na localidade alavesa de Llodio, para dar os seus parabéns á Irmandade de Centros do País Vasco, integrada polas trece principais entidades galegas desta comunidade autónoma. Durante o acto, que contou coa asistencia do alcalde de Llodio, Natxo Urkixo Orueta; o conselleiro de Cultura y Política Lingüística do País Vasco, Bingen Zupiria Gorostidi; o ex xogador de baloncesto Fernando Romay, quen exerceu de pregoeiro; e os presidentes de todos os centros incluídos na Irmandade, Miranda apostou pola unidade das entidades galegas no exterior, que se achegan aos 200 como fórmula para reforzar o seu peso e a súa representatividade nos lugares nos que desenvolven a súa actividade.

Leer más:  Drones de la Axencia Galega de Emerxencias se suman a la búsqueda del hombre de 80 años desaparecido en Santiago

Sen renuncias “O de Galicia é un día para dar paso a todos eses xestos valentes que nos unen á quen xa os deu antes por nós, á xente que nos abriu o camiño para poder reivindicar hoxe que somos exactamente o que queremos ser: galegos e vascos, sen renunciar a nada”, salientou o secretario xeral da Emigración. Máis de 3.200 persoas están representadas na Irmandade de Centros do País Vasco a través do Centro Gallego de Ermua, a Casa Cultural de Galicia “As Burgas” de Eibar, a Sociedade Cultural Recreativa Carballeira, a Casa de Galicia en Bilbao, a Enxebre e Pelengrina Confradía da Queimada no País Vasco, a Asociación Centro Gallego de Álava, a Casa Cultural de Galiza de Elgoibar, a Casa Galicia de Ondarroa, a Agrupación Hijos de Galicia, o Centro Gallego de Bizkaia en Barakaldo, o Centro Gallego de Llodio, a Casa de Galicia en Santurtzi e a Casa de Galicia en Gipuzkoa que, ademais, desenvolven actividades culturais e sociais de xeito independente.  


- Te recomendamos -