Inicio Galicia Miranda intensifica a campaña de distribución de medicamentos en Venezuela para os...

Miranda intensifica a campaña de distribución de medicamentos en Venezuela para os estados periféricos da capital a través de xornadas específicas de difusión do programa

0

O secretario xeral da Emigración acudiu aos centros galegos de Valencia e Maracay para participar nunha sesión especial de apoio á tramitación de receitas para galegos sen recursos


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nas últimas horas en sendas xornadas de intensificación da campaña de distribución de medicamentos en Venezuela, que teñen como obxectivo reforzar a divulgación deste programa do Goberno galego nos Estados periféricos da capital, que, xunto a Caracas, suman unha terceira parte da poboación total galega que reside no país.

As instalacións da Hermandad Gallega de Valencia e do Centro Hispano Maracay acubillaron a dotación humana e material que se mobilizou para realizar esta actividade organizada polo Goberno galego en colaboración coas entidades galegas no país suramericano.

Durante todo o día, un equipo de traballadores centrou a súa actividade na recollida de solicitudes de medicamentos para os galegos nacidos en Galicia e os seus fillos que carezan de recursos para acceder a eles. Persoal administrativo das oficinas de atención social dos centros galegos de ambas as cidades, así como profesionais médicos, prestaron apoio aos interesados en recibir axuda tanto á hora de completar os trámites legais como á de recibir asesoramento en materia sanitaria.

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

Acreditación necesariaO obxectivo deste programa da Secretaría Xeral da Emigración é facilitar o acceso aos medicamentos e tratamentos médicos aos cidadáns galegos nativos e aos seus fillos, así como aos seus netos menores de 18 anos que estean ao seu cargo, residentes en Venezuela. Para poder optar a algunha destas receitas os interesados deberán acreditar a necesidade de acceder a medicamentos para o tratamento de enfermidades crónicas ou patoloxías que revistan gravidade e requiran un sistema de distribución en modalidade de monodose, a carencia de medios económicos para acceder á compra de medicamentos e non recibir esta mesma cobertura a través doutra institución pública ou privada.

As persoas que queiran acollerse a este programa asistencial do Goberno galego deberán documentar que reúnen todas estas condicións a través da súa identificación persoal, un historial ou certificado médico coa súa correspondente receita, e documentos bancarios, así como dunha declaración responsable, entre outros. 


- Te recomendamos -