O secretario xeral da Emigración estudou co pintor pontevedrés varias propostas para acompañar a exposición das dúas obras que se levará a cabo o vindeiro ano na cidade arxentina de Mar del Plata
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, enxalzou a obra de José Solla como unha das mostras máis evidentes que existen hoxe en día da aportación que a emigración galega deixou, e segue a deixar, na cultura universal. A pegada, non só social e empresarial, dúas das máis recoñecidas historicamente, senón tamén artística dos galegos residentes no exterior supón un activo que o Goberno galego debe preservar e fomentar, tal como adiantou o responsable autonómico ao pintor de orixe galega.
De aí que a Secretaría Xeral da Emigración estea a organizar unha exposición das obras do pintor marinense o vindeiro ano nun dos espazos máis modernos e relevantes da cidade arxentina de Mar del Plata, lugar de residencia actual de Solla, o seu Museo del Mar. Alí, o público poderá gozar das obras deste artista da provincia de Pontevedra, que segundo el mesmo confesa, “deixan constancia da súa particularidade a través dunha linguaxe definida, cuxo son fala de Galicia, da galeguidade, da poesía, esa que nace da sorpresa e a intensidade, a fraxilidade e a fondura, a sensualidade e a mística”.
Pero a idea do Goberno galego é ir máis aló, e aproveitar esta mostra para establecer un fío condutor que permita potenciar a proxección exterior de Galicia en todas as súas facetas. A vindeira celebración do Ano Xacobeo en 2021 ofrece unha oportunidade única para promocionar a cultura galega fóra da Galicia territorial e, ao tempo, poñer en valor algúns dos seus máximos expoñentes, como é o caso de José Solla.
Máis preto de GaliciaNatural de Castro, en Marín, onde nace en 1927, reside desde 1950 en Mar del Plata, na Arxentina, malia que “de España nunca se separou por completo”, asegura. As súas frecuentes viaxes, exposicións e un cambio fundamental na súa pintura a partir da década dos setenta, o vincula por completo coas súas raíces, engade o pintor, que apunta que o seu lazo con Galicia segue a ser tan forte que ultimamente traballa e vive unha boa parte do ano na súa terra de orixe.
- Te recomendamos -