Inicio Galicia Miranda clausura, ante destacados alumnos e profesores de Hostalería arxentinos, uns ?obradoiros...

Miranda clausura, ante destacados alumnos e profesores de Hostalería arxentinos, uns ?obradoiros de sabores? que ?romperon as barreiras gastronómicas entre Galicia e a Arxentina?

0

O secretario xeral da Emigración agradeceu aos profesionais que se achegaron ao Club Español a gran acollida que tivo esta segunda edición da iniciativa da Xunta de Galicia en Bos Aires


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, clausurou ante alumnos e profesores de hostalería destacados da Arxentina a segunda edición dos Obradoiros de Sabores, a proposta da Secretaría Xeral de Emigración en colaboración coa Consellería de Mar, a Consellería do Medio Rural, a Fundación Pública Artesanía de Galicia, a Axencia Galega de Turismo e o IGAPE que pretende unir os a cociña de ambas beiras do Atlántico. O titular do departamento galego agradeceu, así aos arredor de cen asistentes aos diferentes showcookings que lograran que este evento, que vén de concluír a súa segunda edición, “rompera as barreiras gastronómicas entre Galicia a A Arxentina”.

A última elaboración realizada polo chef Jorge Gago, do restaurante A Maceta de Santiago de Compostela, tivo como público a destacados mestres e estudantes das escolas de hostalería da Arxentina, que se converteron en testemuñas de excepción das bondades e vantaxes dos produtos da terra e do mar galegos, así como da alta gastronomía que vén de situar a Galicia na élite culinaria mundial. O showcooking que puxo fin a esta segunda edición da iniciativa da Xunta de Galicia foi organizada en colaboración co Ministerio de Producción y Trabajo da Nación arxentina, cuxo secretario de Estado de Empleo, Horacio Pitrau, asistiu ao acto acompañado doutros representantes do Goberno do país.

Sumáronse, así, os 25 asistentes á derradeira elaboración en directo do menú deseñado polo chef propostos polo Goberno arxentino aos preto de cen profesionais de diferentes ámbitos da gastronomía e a alimentación que pasaron polo Club Español durante os dous últimos días. Gago, natural de Caldas de Reis e Premio Cociñeiro Novo 2017 no Fórum Gastronómico de Galicia, recolleu logo deste pase o seu material para trasladarse ao Uruguai, onde protagonizará a primeira edición desta proposta do Executivo galego.

A unidade de Avellaneda e a zona sur da capitalA continuación, o secretario xeral da Emigración desprazouse ata o Centro Gallego de Avellaneda, onde mantivo un encontro cos socios e directivos das entidades galegas da zona sur da cidade, aos que felicitou polo traballo que están a levar a cabo de xeito conxunto. A unidade e o esforzo común que están a realizar “será fundamental”, sinalou Miranda, “para reforzar a capacidade e a presenza dunha das comunidades máis numerosas de Bos Aires”. A zona sur da capital arxentina é unha das áreas que maior cantidade de galegos concentra da provincia.  


- Te recomendamos -