Inicio Galicia Miranda anima a todos os galegos do País Vasco a sumarse á...

Miranda anima a todos os galegos do País Vasco a sumarse á Irmandade de Centros Galegos en Euskadi para seguir a ser un exemplo de unidade fóra de Galicia

0

O secretario xeral da Emigración felicitou á presidenta da colectividade, Pilar Rodríguez, polo traballo en busca de novas formas de financiamento para a Agrupación Hijos de Galicia de Sestao


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, animou a todos os galegos que residen no País Vasco, tanto de nacemento como os seus descendentes, a sumarse á Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, que aglutina unha decena de entidades galegas con sede nesta rexión do norte de España, na que viven 41.978 persoas nacidas na comunidade autónoma de Galicia. O responsable autonómico lanzou a invitación a través da presidenta da Irmandade, Pilar Rodríguez, con quen se reuniu en Santiago e quen compatibiliza, ademais, este cargo co de máxima representante da Agrupación Hijos de Galicia de Sestao, membro electo da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.“O do País Vasco foi un exemplo a seguir ao longo destes últimos trinta anos, e grazas a esa unión da que fan gala ese Día de Galicia que celebran ten cada ano máis relevancia dentro de Euskadi. Eu este ano puiden participar unha vez máis nesta celebración, que tivo lugar en Llodio, e animo a todas as entidades do País Vasco a que se sumen a este traballo”, invitou Miranda. “Hai sempre entidades máis ou menos activas, pero nós lles pedimos sempre a todas o máximo de colaboración, porque creo que estes actos, primeiro, xeran uns vínculos moi importantes entre a colectividade, e ademais, tamén axudan a dar esa presenza e relevancia do que é a colectividade galega noutra comunidade autónoma como é o País Vasco”, engadiu.

Traballo de cara ao vindeiro anoO secretario xeral da Emigración felicitou, así mesmo, tanto a Rodríguez como ao resto da directiva e dos socios da Agrupación Hijos de Galicia de Sestao pola súa constante busca de renovación e de novas vías de financiamento, que garanten a supervivencia dos centros galegos e axudan a facer máis visible o traballo e o labor de difusión da cultura e identidade galega nas diferentes rexións do Estado. O responsable autonómico aproveitou o encontro con Pilar Rodríguez para repasar os proxectos máis inmediatos nos que está a traballar a entidade de cara xa ao vindeiro ano.

Dos 41.978 galegos que residen no País Vasco, 26.309 fanno na provincia de Bizkaia, 10.516 na de Guipúscoa e 5.153 na de Álava. Por provincias de orixe, A Coruña e Ourense son as zonas de procedencia de máis da metade dos galegos de Euskadi, con 14.045 e 11.823, respectivamente, seguidas de Lugo, con 9.083, e Pontevedra, con 7.027. 


- Te recomendamos -