26 clubs están inscritos na Liga Galega de Traiñeiras. Doce deles na Liga A: Samertolameu, Vilaxoán, Amegrove, Rianxo, Ares, Bueu-Teccarsa, Puebla, Mecos-Mondariz, Coruxo, Castropol, Chapela e Meira na Liga A. Outros nove na Liga B: Muros, Cedeira, Vila de Cangas, Esteirana, A Cabana-Ferrol, Salgado-Perillo, Virxe da Guía, Cabo da Cruz e Mugardos na Liga B. E seis máis na Liga Feminina: Cabo de Cruz, Vilaxoán, Mugardos, Náutico Riveira e Salgado-Perillo
A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou no día de hoxe na presentación da tempada 2018 da Liga Galega de Traiñeiras que comeza o próximo 16 de xuño en Baiona e destacou “a tradición dun deporte autóctono vencellado á nosa idiosincrasia, ao noso arraigo e á nosa cultura”.
Deste xeito lembrou como hai xa máis de dous séculos “os mariñeiros do mesmo barco afanábanse en remar máis rápido que o resto para ser os primeiros en chegar á terra e vender o seu peixe a mellor prezo que o resto”. Así, Marta Míguez describiu un deporte que nace do “esforzo colectivo e a rivalidade sa dos pobos costeiros galegos” e que agora trasladouse á maior parte dos portos galegos cada fin de semana.
Tocante á evolución deste deporte, Míguez destacou a maior presenza feminina xa que neste momento as mulleres suman case o 30% das licenzas da Federación Galega de Remo. Non obstante, a secretaria xeral mandou unha mensaxe a todas as mulleres “que queiran facer deporte para que se animen a coller o remo e practicar un deporte do máis tradicional en contacto coa incrible natureza dunha terra chamada Galicia”.
Na tempada 2018 que comeza agora, 26 clubs están inscritos na Liga Galega de Traiñeiras. Doce deles na Liga A: Samertolameu, Vilaxoán, Amegrove, Rianxo, Ares, Bueu-Teccarsa, Puebla, Mecos-Mondariz, Coruxo, Castropol, Chapela e Meira na Liga A. Outros nove na Liga B: Muros, Cedeira, Vila de Cangas, Esteirana, A Cabana-Ferrol, Salgado-Perillo, Virxe da Guía, Cabo da Cruz e Mugardos na Liga B. E seis máis na Liga Feminina: Cabo de Cruz, Vilaxoán, Mugardos, Náutico Riveira e Salgado-Perillo.
- Te recomendamos -