Inicio Galicia Medio Rural procura a colaboración co resto de grupos parlamentarios co obxectivo...

Medio Rural procura a colaboración co resto de grupos parlamentarios co obxectivo de impulsar o agro galego

0

O conselleiro do Medio Rural reuniuse cos representantes da Cámara para pedir a súa implicación nesta tarefa


O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse esta tarde en San Caetano cos representantes dos diferentes grupos parlamentarios da Cámara galega na procura da coordinación de cara ao desenvolvemento do agro galego. José González trasladou aos portavoces cales serán os retos marcados por esta consellería de cara ao futuro e espera que na súa consecución poida contar coa colaboración de todos os grupos.

En concreto, á reunión asistiron Moisés Blanco polo PP, Davide Rodríguez por En Marea, Raúl Fernández do PSOE e Xosé Luis Rivas do BNG. O titular de Medio Rural apelou á colaboración de todos eles e os seus grupos para avanzar no desenvolvemento do rural e agradeceu a disposición mostrada de cara a acadar o maior consenso posible.

Entre os temas a tratar, estivo presente tamén o cumprimento do ditame da comisión especial sobre política forestal, que foi aprobado co voto favorable dos grupos popular e socialista. Así, José González avogou por ampliar no posible este nivel de acordo aos demais integrantes da cámara en beneficio de todo o sector forestal de Galicia. Así mesmo, solicitou aos representantes que propoñan que persoas poderían formar parte do grupo de expertos que se encargará de velar polo cumprimento das recomendacións recollidas neste ditame.

Leer más:  Las cuatro provincias gallegas tienen puntos con mala calidad del aire debido a los incendios de Portugal

O conselleiro indicou que as recomendacións da comisión pasan por implantar reformas a medio e longo prazo para atallar os principais problemas do noso monte e do medio rural en xeral. Puxo de manifesto, tamén, que estas indicacións contemplan medidas prácticas, un calendario de aplicación e o establecemento de mecanismos parlamentarios para o control do seu cumprimento.

Neste sentido, o conselleiro dixo que se trata de avanzar na definición e concreción das medidas propostas pola cámara, tales como a realización dunha planificación integral do territorio rural e dos usos do solo, con especial referencia á posta en marcha dos plans de ordenación dos recursos forestais (PORF) de cada distrito, un labor que está a desenvolver a Dirección Xeral de Ordenación Forestal. Tamén, o impulso á mobilización da terra produtiva, na que xa está a traballar a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou o fomento dos polígonos agrarios e forestais, entre outras accións.

Plan ForestalOutras recomendacións da comisión teñen que ver coa ordenación do monte galego, consonte ao establecido no Plan Forestal de Galicia e á certificación forestal, así como coa creación dun inventario forestal propio, a simplificación normativa, a profesionalización dos silvicultores ou o fomento da xestión conxunta dos terreos forestais, entre outras.

Leer más:  Ninguno de los municipios gallegos con zonas de gran afluencia prevé seguir a Santiago e implantar una tasa

Por último, José González insistiu en comprometer a plena colaboración da Consellería do Medio Rural co Parlamento galego á hora de poñer en marcha todas estas medidas. Amosou o seu convencemento de que esta cooperación redundará tanto na mellora do eido forestal galego en xeral como, de xeito específico, da loita, prevención e extinción dos incendios forestais.


- Te recomendamos -