Inicio Galicia Medio Rural inicia un proxecto para compensar a pegada de carbono na...

Medio Rural inicia un proxecto para compensar a pegada de carbono na fronteira entre España e Portugal

0

A iniciativa, que se presentou hoxe en Vigo, forma parte do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (Poctep) 2014-2020

A Consellería do Medio Rural iniciará este ano un proxecto que permitirá compensar a pegada de carbono que deixan as empresas de transporte na fronteira entre España e Portugal. A iniciativa ten por obxectivo crear unha especie de mercado transfronteirizo de intercambio de carbono co que as compañías poderían “comprar” a produción de osíxeno a través de accións silvícolas, o que redundaría en positivo nos montes galegos.

O proxecto denominado Troco2 conta cun orzamento de 1,38 millóns de euros do que o 75% está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). A Xunta de Galicia achegará 480.000 euros e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa 500.000 euros. Tamén participan a Asociación Provincial de Empresarios de Transportes Discrecionais de Pontevedra (Asetranspo) con 100.000 euros e, por parte de Portugal, a Associaçao de Desenvolvimento da Região do Alto Tâmega (Adrat) e a Comunidade Intermunicipal do Alto Tâmega (Cimat) con 150.000 euros cada unha.

Leer más:  Un camionero fallece al ser embestido por un vehículo después de descender del camión por un pinchazo en una rueda en la A-52 en Toén (Ourense)

En concreto, o proxecto, que se presentou hoxe na sede da Cámara de Comercio, pretende mellorar a eficiencia dos montes na mitigación do cambio climático aumentando o que se denomina secuestro de dióxido de carbono. Farase impulsando a economía baixa en carbono no sector do transporte. É dicir, unha actividade económica como esta, responsable da emisión de CO2 á atmosfera tratará de compensar partes desta contaminación con investimento en explotacións forestais. A consecución deste obxectivo suporía ademais unha mellora nas condicións de vida da poboación local.

Desenvolvemento Para conseguir este reto elaboraranse como primeiro paso estudos conxuntos entre os socios para identificar as barreiras e propoñer accións de mellora na xestión forestal conxunta, así como analizar o funcionamento dos sistemas de compensación de pegada de carbono a nivel europeo. Está previsto ademais elaborar dúas ferramentas informáticas, unha para cuantificar a captura de dióxido de carbono levada a cabo por unha explotación forestal concreta (galega ou portuguesa) e outra para calcular a pegada de carbono dunha empresa de transporte (portuguesa ou galega).

Leer más:  La Diputación y el Ayuntamiento de Vigo han acordado la firma de tres convenios con el objetivo de garantizar la continuidad de inversiones como la humanización de San Roque

O proxecto inclúe a formación aos axentes implicados, tanto forestais como do sector do transporte, no relativo aos mercados de compensación de intercambio de carbono e ao papel dos sumidoiros de carbono. Realizaranse tamén probas piloto para certificar a compensación de carbono en masas forestais que actuarán como sumidoiros.

Así, unha vez rematadas as accións incluídas neste proxecto disporase da información necesaria para posta en marcha dun Mercado Voluntario de Carbono cun ámbito de aplicación internacional. É dicir, unha organización responsable da emisión de certas toneladas de dióxido de carbono á atmosfera como consecuencia da actividade empresarial que desenvolve, neste caso o transporte, que podería compensar estas emisións, ou parte delas, en terreos forestais de Galicia a través de inversións en explotacións forestais que actuarían como sumidoiros, deste xeito este mecanismo pode converterse nun instrumento de financiamento para os montes galegos.


- Te recomendamos -