Ángeles Vázquez desprazouse ata As Somozas para coñecer as obras desenvolvidas con cargo ao plan marco que desenvolve a consellería
Normal
0
21
false
false
false
ES
X-NONE
X-NONE
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2018.- A Consellería do Medio Rural investirá este ano máis dun millón de euros na comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal para o arranxo de vías de titularidade municipal. Faino a través do Plan marco de mellora de camiños municipais que cada exercicio elabora a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para axudar a todos os concellos interesados a que reparen a súas vías. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o director xeral de Agader, Miguel Pérez Dubois, desprazouse hoxe ata As Somozas para coñecer o estado das obras desenvolvidas neste municipio con cargo ao plan marco de 2017. En concreto, mellorouse o camiño de Campo a Santa Cruz, de San Esteban a Seixidal e o camiño de Suarriba. O coste destas obras xa executadas ascende a 50.578 euros, que serán subvencionados na súa totalidade pola Xunta.
- Te recomendamos -