A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse esta mañá en San Caetano co alcalde de Carballedo, Julio Yebra-Pimentel, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños deste concello lugués relativas ao agro. Neste senso, analizaron as actuacións actuais en materia de mellora das infraestruturas viarias deste municipio.
Así, nos últimos dous anos o departamento que dirixe Ángeles Vázquez investiu uns 170.000 euros no arranxo dos camiños municipais, sendo a contía para este ano dun total de 75.020 euros. Grazas a estas achegas, salientou a conselleira, mellórase a comunicación viaria, o que redunda no fluído dos movementos das producións da zona e mellora a calidade de vida dos propios veciños.
- Te recomendamos -