A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, recibiu esta mañá a unha misión comercial de empresas hidráulicas a través da Embaixada de Dinamarca en Madrid interesada en coñecer o funcionamento interno e a actividade de Augas de Galicia. Durante a xuntanza, á que tamén asistiu o director do organismo de conca, Roberto Rodríguez, a conselleira eloxiou o traballo de Dinamarca como referente en protección medioambiental e subliñou as metas comúns que comparten os países europeos en materia de política sobre a auga.
Así mesmo, na reunión participaron catro empresas danesas relacionadas coa xestión da auga e mais o conselleiro de asuntos comerciais da embaixada, Lars Gade, que aproveitaron o encontro para intercambiar experiencias e dar a coñecer tamén os seus proxectos en materia hidráulica.
- Te recomendamos -