A directora xeral de Calidade Ambiental e Ordenación do Territorio participou na entrega da primeira edición dos Premios ECO, organizados pola Fundación Ecofimática
A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, participou esta mañá na entrega dos primeiros premios ECO, que teñen por obxectivo poñer en valor o traballo das empresas deste sector por reducir os residuos ofimáticos e incrementar os índices de recollida na Comunidade galega.
Ferreira Costa trasladou o seu agradecemento aos premiados e a súa satisfacción porque Galicia acolle por primeira vez a celebración destes premios, un xesto que espera que sirva como motor de motivación para que fabricantes e distribuidores continúen realizando un traballo que ten un claro e directo beneficio no medio ambiente.
A directora xeral tamén quixo manifestar o compromiso do Goberno galego cos axentes implicados na correcta xestión dos residuos, así como promovendo accións que fomenten a eficiencia enerxética, o uso eficiente dos recursos e a concienciación ambiental.
Explicou que este tipo de materias son un claro exemplo do significado da economía circular, xa que este os materiais contidos neste tipo de residuos poden reciclase case ao 90% e puxo como exemplo unha impresora, que con un peso medio de 10Kg, se poden chegar a extraer uns 4,8 kg de metais, 4 kg de plásticos e 400 gramos de material de vidro.
Na entrega tamén estivo presente o director xeral de Ecofimática, José Pérez, quen destacou que “os distribuidores desempeñan un labor esencial na cadea da reciclaxe; pois ao ser os máis próximos aos consumidores deben recoller os aparatos en desuso, no momento no que se adquire un novo”. Nese sentido -explicou-, a convocatoria destes premios queren recoñecer o seu esforzo e poñer á súa disposición a plataforma Ecofimática, que garante que os aparatos serán reciclados correctamente e sen ningún custe para eles.
Premio Galicia e Premio EsforzoOs premios ECO, con dúas categorías Premio Galicia e Premio Esforzo, forman parte dunha campaña co obxectivo de concienciar ao canal comercial do papel que representan na xestión ambiental dos residuos ofimáticos e incrementar os índices de recollida na Comunidade galega.
O Premio Galicia -compartido- recae na empresa VSM Sistema Coruña, SA e Documentación e Imaxen do Noroeste de Vigo, SL; por ser os distribuidores que más quilos recolleron. Asemade, tamén se entregaron tres Premios Esforzo en cada provincia galega para recoñecer e valorar o traballo dos distribuidores que realizaron un maior esforzo e dedicación á hora de levar a cabo a recollida de equipos ofimáticos, tendo en conta a súa capacidade de almacenamento. Na táboa indícanse os premiados
- Te recomendamos -