Técnicos de Augas de Galicia acometeron os traballos de mantemento, que consistiron na retirada de árbores e pólas caídas no canal
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, vén de concluír os traballos de mantemento, conservación e mellora das marxes dos ríos Vaa, Camarada e Esteiro ao seu paso polo Concello de Malpica (A Coruña).
Aos traballos, que se prolongaron durante varias xornadas, destinouse unha partida de 41.474 euros e consistiron fundamentalmente na roza selectiva de varios puntos do río, na retirada de árbores caídas na canle, así coma madeira morta, co fin de evitar atoamentos. Tamén se traballou na eliminación de masas localizadas de Rubus sp. En total actuouse en 9.180 metros.
Normal
0
21
false
false
false
ES
X-NONE
X-NONE
/* Style Definitions */
table.
MsoNormalTable {mso-style-name:”Tabla normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:””; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:”Times New Roman”,”serif”;}
Estes traballos encádranse nas actuacións que ao longo do ano desenvolve Augas de Galicia para o mantemento, conservación e mellora do dominio público das bacías da Demarcación Galicia-Costa co obxectivo de acondicionar os accesos e garantir a protección dos ecosistemas fluviais, así como asegurar a correcta circulación das augas. Con este tipo de intervencións, o organismo de conca pretende mellorar os espazos de dominio público, as zonas de acceso e a protección das marxes dos ríos de Galicia-Costa.
- Te recomendamos -