Inicio Galicia Medio Ambiente inviste máis de 20.000 euros na limpeza e conservación do...

Medio Ambiente inviste máis de 20.000 euros na limpeza e conservación do Rego do Inferno ao seu paso por Moaña

0

Técnicos de Augas de Galicia acometeron durante un mes os traballos de mantemento, que consistiron na roza selectiva do tramo, unha poda selectiva e a eliminación de Arundo donax e Acacia dealbata

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, vén de concluír os traballos de mantemento, conservación e mellora das marxes do Rego do Inferno ao seu paso polo Concello de Moaña (Pontevedra).

Os traballos, que comezaron a mediados de abril e se prolongaron durante un mes, implicaron un investimento de máis de 20.000 euros e consistiron fundamentalmente na roza de masas de matogueira, podas selectivas de Sálix atrocinerea, a eliminación de masas localizadas de Arundo donax e Acacia dealbata, así como a retirada de ramas caídas e vexetación morta. Os labores dos técnicos focalizáronse sobre un tramo do rego de case 400 metros de lonxitude que discorre pola parroquia de O Rosal e Moaña.

Estes traballos encádranse nas actuacións que ao longo do ano desenvolve Augas de Galicia para o mantemento, conservación e mellora do dominio público das bacías da Demarcación Galicia-Costa co obxectivo de acondicionar os accesos e garantir a protección dos ecosistemas fluviais, así como asegurar a correcta circulación das augas.

Con este tipo de intervencións, o organismo de conca pretende mellorar os espazos de dominio público, as zonas de acceso e a protección das marxes dos ríos de Galicia-Costa. 


- Te recomendamos -