Inicio Galicia Medio Ambiente inicia o procedemento para a adxudicación de dúas vivendas de...

Medio Ambiente inicia o procedemento para a adxudicación de dúas vivendas de promoción pública en Cerdedo

0

Forman parte dun conxunto de 10 propiedades que están a ser rehabilitadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) cun investimento de máis de 302.000€

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de iniciar o procedemento para a adxudicación de dúas vivendas de promoción pública que se atopan en fase de rehabilitación no Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).

As vivendas adxudicaranse por sorteo entre todas as persoas inscritas ou que teñan solicitude de inscrición presentada no Rexistro de Demandantes no momento do inicio do procedemento, e que estean anotadas ademais como demandantes de vivendas protexidas de promoción pública.

As vivendas adxudicaranse en réxime de alugueiro se os ingresos ponderados dos adxudicatarios non superan 1,5 veces o Iprem, e en réxime de compravenda se están entre 1,5 e 2,5 veces o Iprem. Cómpre lembrar que 2,5 veces é o límite máximo de ingresos para poder acceder ás vivendas de promoción pública.

Do sorteo sairá unha lista de adxudicatarios e outra de agarda, que estará composta por todos os solicitantes que cumpran os requisitos e non formen parte da relación de adxudicatarios.

As propiedades que se sortean están emprazadas nun grupo de antigas vivendas de mestres e actualmente están a ser rehabilitadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que destina ás obras un investimento de máis de 302.000 euros.

A actuación que se está a realizar inclúe a rehabilitación das dúas vivendas que se van a adxudicar e tamén dos tellados así como doutros elementos comúns das restantes oito vivendas que forman parte do conxunto e que tamén serán rehabilitadas polo IGVS, para o que está a traballar xa na redacción do proxecto. 


- Te recomendamos -