Inicio Galicia Medio Ambiente incrementará nun 25% a vindeira orde de axudas para a...

Medio Ambiente incrementará nun 25% a vindeira orde de axudas para a protección e coidado de animais abandonados

0

A directora xeral de Patrimonio Natural tamén avanza que a nivel normativo se dará un paso importante co desenvolvemento do regulamento da Lei de benestar animal


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda incrementará nun 25% o importe das axudas que se convocarán en 2019, para a protección e coidado de animais abandonados. Así llo trasladou a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, ao coordinador da Asociación animalista Libera Galicia, Rubén Pérez, co que mantivo unha reunión de traballo.

A directora xeral recordou que a Lei de protección e benestar animal, que está en vigor desde esta ano, establece unha orde de axudas para a atención e coidado dos animais domésticos de compañía que se atopen nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da nova Lei. Grazas a estes incentivos poderán sufragarse os custe de esterilización cirúrxica dos animais coa dobre finalidade de evitar a súa reprodución incontrolada e a promoción da súa adopción, por exemplo- así como a identificación dos animais mediante a implantación de microchip, correspondente inscrición no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac) e expedición de pasaporte sanitario.

De feito, Belén do Campo recordou que desde a entrada en vigor da lei se duplicaron o número de inscricións no Regiac, xa que desde xaneiro ata hoxe rexistráronse 66.344, fronte ás 32.797 do mesmo período de 2017.

Na reunión a directora tamén destacou un novo avance neste eido, xa que en 2019 se desenvolverá o regulamento que recolle a Lei de benestar animal. Indicou que o seu departamento xa está a traballar no texto e trasladoulle o seu desexo por contar coas achegas e aportacións da Asociación Libera para enriquecer dito texto.


- Te recomendamos -