Inicio Galicia Medio Ambiente destina case 40.000 euros á execución dun depósito para o...

Medio Ambiente destina case 40.000 euros á execución dun depósito para o abastecemento no núcleo de Baños, en A Veiga

0

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de A Veiga, Juan Anta, asinaron esta mañá un convenio de colaboración polo que Augas de Galicia asume a totalidade do financiamento e o concello executará os traballos

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de A Veiga, Juan Anta, asinaron esta mañá un convenio de colaboración polo que Augas de Galicia se compromete a financiar con 39.589,64 euros o custo total dun novo depósito de auga potable para garantir o abastecemento no núcleo de Baños.

Mato Otero destacou a importancia que terá esta actuación, que executará o propio concello, para mellorar a calidade do servizo de abastecemento dos veciños de A Veiga e máis concretamente, dos de Baños.

Así, o novo depósito construirase en formigón armado e terá unha capacidade de almacenamento de auga de 50.000 litros. A dimensión e a capacidade da nova construción permitirá manter o consumo do núcleo de Baños, en condicións normais, durante polo menos 7 días sen abastecemento de auga desde a captación.

A rede de abastecemento, tanto a primaria ata o depósito como a secundaria ata as acometidas ou os puntos de consumo final, funcionarán por gravidade, como se viña facendo ata o de agora. Evitaranse así os bombeos, que son puntos conflitivos que necesitan un mantemento máis exhaustivo e aumentan considerablemente o costo da rede e do seu funcionamento.

O convenio de colaboración asinado hoxe enmárcase na liña cooperación que desde fai anos leva a cabo Augas de Galicia cos concellos para o desenvolvemento das súas competencias en materia de saneamento e abastecemento. 


- Te recomendamos -