Inicio Galicia Medio Ambiente destaca que a concienciación é a pedra angular da Estratexia...

Medio Ambiente destaca que a concienciación é a pedra angular da Estratexia galega de cambio climático e enerxía

0

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático recorda que o compromiso da Xunta é finalizar esta folla de ruta en outubro

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, salientou esta mañá que a concienciación é unha pedra angular da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050, na que traballa o Goberno galego. Ferreira Costa interviu esta mañá nunha xornada de intercambio no I Foro Ferrolterra Sutentable, onde recordou que a participación de todos os sectores é tamén unha das claves da identidade desta estratexia que se finalizará no mes de outubro.

A directora xeral explicou que con dito instrumento a Xunta de Galicia da resposta aos compromisos asumidos cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible; sobre todo porque é moi importante e necesaria o labor na divulgación de valores sostibles e de respecto polo medio ambiente. Así, a sensibilización é unha ferramenta fundamental para concienciar e implicar a toda a poboación e a todos os sectores. Defendeu que é un primeiro paso para xerar alianzas de cara ao cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible.

Salientou que Galicia afronta a oportunidade de trocar os desafíos ambientais existentes en espazos de mellora e evolución para transformarse nunha rexión mellor adaptada aos cambios que están por vir, creando unha economía eficiente e sostible no emprego dos recursos e baixa en emisións de carbono, que permita ás xeracións futuras desfrutar dun planeta tamén máis sostible.

Por outro lado, indicou que ninguén debe quedarse atrás e apostou por establecer alianzas entre os gobernos, o sector privado e a sociedade civil. Estas alianzas constrúense sobre unha base de principios e valores, unha visión compartida e obxectivos comúns que dan prioridade ás persoas e ao planeta, sendo necesarias a nivel global, pero tamén rexional e local, matizou. 


- Te recomendamos -