Inicio Galicia Marta Míguez supervisa o estado das instalacións deportivas de Muíños tras as...

Marta Míguez supervisa o estado das instalacións deportivas de Muíños tras as obras realizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte para arranxar os desperfectos dos temporais

0

Estas actuacións que tiveron un orzamento total de 60.000 euros realizáronse a tenor do convenio asinado o pasado mes de setembro de 2017 coa Deputación de Ourense para a realización de obras nas distintas instalacións deportivas da provincia


A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, visitou na mañá de hoxe o municipio ourensán de Muíños onde visitou as obras levadas a cabo con motivo dos danos causados polo temporal tanto no pavillón polideportivo como nas instalacións do campo de fútbol.

Estas actuacións que tiveron un orzamento total de 60.000 euros realizáronse a tenor do convenio asinado o pasado mes de setembro de 2017 coa Deputación de Ourense para a realización de obras nas distintas instalacións deportivas da provincia. Segundo este convenio que conta cun orzamento de 1.027.658,57 euros, a Secretaría Xeral para o Deporte subvenciona 500.000 euros (400.000 na anualidade de 2017 e 100.000 na de 2018) e a Deputación Provincial de Ourense achega 527.658,57 euros na anualidade de 2018.

Deste xeito, as obras foron realizadas pola urxente mellora nestas instalacións ante a necesidade de arranxar os danos causados polos temporais e para poder desenvolver todas as actividades propias de instalacións deste tipo. Grazas a estas actuacións acondiciónanse as instalacións deportivas ás condicións mínimas de sanidade, utilización e seguridade.

No caso do campo de fútbol municipal realizouse a reforma do pavimento dos vestiarios e das fachadas, así como o valado perimetral e o acondicionamento de gradas e taludes do campo. Por outra banda, no pavillón polideportivo municipal realizáronse obras no falso teito, pintura, instalación de luminarias, colocación de porterías e canastras de minibasquet, así como a sinalización de varios deportes na pista polideportiva.

Cos novos orzamentos xa aprobados, de cara ao novo exercicio orzamentario de 2019, a Secretaría Xeral investirá un total de 3.934.217 na construción e mellora das instalacións deportivas de Galicia, tanto propias como as de titularidade municipal, para continuar optimizando a rede de infraestruturas deportivas de Galicia. O orzamento global destinado a infraestruturas en 2019 medra, en consecuencia un 39% con respecto ao destinado inicialmente en 2018 (2.833.043 euros).


- Te recomendamos -