Inicio Galicia Marta Míguez presenta a Tripla Coroa das Illas Atlánticas que ?pon en...

Marta Míguez presenta a Tripla Coroa das Illas Atlánticas que ?pon en valor a extraordinaria riqueza paisaxística de galicia e a coexistencia sustentable entre deporte e natureza?

0

A primeira proba terá lugar o vindeiro 8 de setembro entre a Praia de Rodas das Illas Cíes e a Praia de Ribeira en Baiona, unha travesía de 15 quilómetros que se completará con outras dúas nos vindeiros veráns de 2019 (19 quilómetros entre Sálvora e a praia de Confín no Grove, pasando polo illote de Areosa, na illa de Arousa) e de 2020 (23 quilómetros entre a Illa de Ons e Combarro)

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na mañá de hoxe na presentación da primeira proba da Tripla Coroa das Illas Atlánticas que terá lugar o vindeiro 8 de setembro entre a Praia de Rodas das Illas Cíes e a Praia de Ribeira en Baiona, unha travesía de 15 quilómetros que se completará con outras dúas nos vindeiros veráns de 2019 (19 quilómetros entre Sálvora e a praia de Confín no Grove, pasando polo illote de Areosa, na illa de Arousa) e de 2020 (23 quilómetros entre a Illa de Ons e Combarro).

Nas súas verbas, a secretaria xeral apuntou que estas tres probas realizadas en tres rías diferentes (Vigo, Arousa e Pontevedra) “porán en valor a extraordinaria riqueza paisaxística de Galicia e a coexistencia sostible entre deporte e natureza”, cumprindo así un dos obxectivos prioritarios da Secretaría Xeral para o Deporte, o respecto polo medio ambiente e a seguridade extremadamente rigorosa que garante a organización.

Segundo a responsable da carteira de Deporte, esta iniciativa combina tres grandes ámbitos da política galega: medio ambiente e patrimonio natural, turismo e deporte. Ademais, grazas á Tripla Coroa, “as illas atlánticas de Cíes, Ons e Sálvora “converteranse no centro de atención dun evento deportivo de gran magnitude e no centro das miradas dos 165 participantes de entre 18 e 70 anos e os seus acompañantes”. Marta Míguez tamén falou dos nadadores que participarán na proba xa que esta esixe certo nivel deportivo polas “longas distancias, baixa temperatura da auga ou a incertidume das circunstancias naturais”.  


- Te recomendamos -