Inicio Galicia Marta Míguez inaugura o VII Foro Deporte para Todos que contribuirá á...

Marta Míguez inaugura o VII Foro Deporte para Todos que contribuirá á ?mellora da organización e desenvolvemento das entidades deportivas galegas?

0

Apunta a importancia do futuro do deporte federado, “un tema que nos afecta a todos e no que desde a Xunta de Galicia insistimos con frecuencia grazas ao Foro do Deporte Federado creado para compartir posturas, reflexións e análises da situación actual do deporte galego desde a perspectiva do deporte federado”

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou hoxe na inauguración do VII Foro Deporte para Todos, un foro organizado pola Asociación Galega de Xestores Deportivos e pola Asociación Galega de Deporte para Todos, da man do Concello da Coruña e que contará coa participación do presidente do COE, Alejandro Blanco.

Nas súas verbas, a secretaria xeral referiuse aos xestores deportivos como “axentes imprescindibles para que funcione esa rede de persoas, institucións e administracións que traballan en prol do deporte galego”, polo que valorou esta iniciativa dirixida a xestores, directivos, técnicos e voluntarios do deporte, especialmente, aos dirixentes das asociacións, federacións e clubs deportivos. “O obxectivo non é outro que seguir mallando nesa rede en prol do deporte galego e contribuír á mellora da organización e desenvolvemento das entidades deportivas galegas”, engadiu.

A responsable do deporte galego presentou o foro como unha ferramenta para acadar o deporte “deporte plural, diverso, sen xénero nin idade, para todos e para todas, enriquecedor da sociedade, transmisor de valores, xerador de noticias, formador, igualador, motor de cambio social e tamén axente económico determinante”.

Ao abeiro da temática que tratará o foro ao longo da xornada, Marta Míguez sinalou que “cómpre analizar a xestión das nosas entidades, identificar as nosas debilidades, compartir os nosos problemas e dificultades e, deste xeito, encontrar xuntos as medidas e solucións máis axeitadas á realidade na que vivimos”. Ademais, apuntou a importancia do futuro do deporte federado, “un tema que nos afecta a todos e no que desde a Xunta de Galicia insistimos con frecuencia grazas ao Foro do Deporte Federado creado para compartir posturas, reflexións e análises da situación actual do deporte galego desde a perspectiva do deporte federado”.  


- Te recomendamos -