Inicio Galicia Marta Míguez destaca o carácter ?igualitario e inclusivo? do Campionato de España...

Marta Míguez destaca o carácter ?igualitario e inclusivo? do Campionato de España Escolar de Ciclismo 2018 que terá lugar en Baños de Molgas do 6 ao 8 de xullo

0

Disputaranse as modalidades de fondo infantil, BTT, gymkana, cadete feminino, cadete masculino, contrarreloxo individual e contrarreloxo por equipos


A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na mañá de hoxe na presentación do Campionato de España Escolar de Ciclismo 2018 Infantil e Cadete que terá lugar en Baños de Molgas do 6 ao 8 de xullo. A titular da carteira de Deporte destacou este campionato polo seu carácter “igualitario e inclusivo” facendo referencia á modalidade adaptada na que poden participar cegos e deficientes visuais, así como deportistas con parálise cerebral e discapacidade física.

Durante o acto que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Ourense, a responsable do Deporte galego tamén subliñou a capacidade organizativa que ten Galicia para os eventos deportivos e valorou a importancia de que un campionato de España se celebre en Galicia. Asemade destacou como, neste campionato xúntanse dúas áreas de especial relevancia para a Secretaría Xeral para o Deporte como son o ciclismo e a actividade física orientada as idades máis temperás.

Nas súas verbas, a secretaria xeral referiuse á importancia que ten para a comarca macedá o ciclismo, especialmente o ciclismo de montaña, que conta con grandes representantes como son Pablo Rodríguez Guede ou Ivan Feijoo, nomes que alentan aos demais rapaces a formar a gran canteira ciclista de Galicia.

Leer más:  El BNG reclama al Gobierno central que renueve y amplíe el parque móvil ferroviario de Galicia

Dentro do Campionato de España Escolar de Ciclismo 2018 disputaranse as modalidades de fondo infantil, BTT, gymkana, cadete feminino, cadete masculino, contrarreloxo individual e contrarreloxo por equipos.


- Te recomendamos -