Inicio Galicia Marta Míguez destaca o binomio que forman o deporte e a natureza...

Marta Míguez destaca o binomio que forman o deporte e a natureza na presentación da XI Regata Illas Atlánticas de Barcos Clásicos e de Época

0

A titular do Deporte galego gaba a regata que “conta xa con 11 anos de historia e que é por méritos propios a regata máis importante deste tipo da zona atlántica e cantábrica”


O Grove (Pontevedra), 9 de agosto de 2018.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, presentou na mañá de hoxe a XI Regata Illas Atlánticas de Barcos Clásicos e de Época que terá lugar os vindeiros 18 e 19 de agosto. No Club Náutico San Vicente, a responsable do Deporte galego destacou o “binomio indivisible” formado por deporte e natureza que alcanza a súa maior expresión en probas como esta regata ao redor dunha “das nosas perlas naturais máis importantes” como é o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas conformado polas illas de Ons, Cíes, Sálvora e Cortegada.

Ao respecto da vela galega, protagonista indiscutible neste evento deportivo, a secretaria xeral destacou as “alegrías e éxitos representados nos nomes dalgúns dos nosos mellores deportistas como Támara Echegoyen, Sofía Toro, Fernando Echávarri, Antón Paz, Martin Wizner, Pedro Ameneiro ou Iago López Marra”. “Todos eles son grandes embaixadores da vela galega como tamén o é o Club Náutico San Vicente que neste 2018 cumpre 20 anos divulgando os valores do deporte, a cultura e o medioambiente”, engadiu.

A titular do Deporte galego gabou a Regata das Illas Atlánticas de Barcos Clásicos e de Época que “conta xa con 11 anos de historia e que é por méritos propios a regata máis importante deste tipo da zona atlántica e cantábrica”. “Un evento que terá lugar os vindeiros 18 e 19 de agosto e na que participarán entre 20 e 30 embarcacións que realizarán dous percorridos espectaculares ao redor das illas atlánticas que protexen as nosas costas”, concluíu.


- Te recomendamos -