Inicio Galicia Marta Míguez destaca a tradición como o factor clave que converteu ao...

Marta Míguez destaca a tradición como o factor clave que converteu ao Rallye de Ourense nunha das ?mellores probas de automobilismo de España?

0

Respecto ás 50 probas que se levan disputado do Rallye de Ourense destacou que 46 edicións foron puntuables para o Campionato de España de Rallyes de Asfalto e dúas -nos anos 79 e 80- foron puntuables para o Campionato de Europa


A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na mañá de hoxe na presentación do 51º Rallye de Ourense – Ourense Termal que tivo lugar na emblemática Ponte Romana de Ourense. Alí, a responsable do Deporte galego destacou algúns dos elementos máis destacados da cidade das Burgas e subliñou que “o Rallye de Ourense non ten nada que se lle pareza no resto dos rallyes de asfalto deste país”. Unha proba que xa a contemplan medio centenar de edicións “máis que suficientes para ter claro o potencial dunha das mellores probas de automobilismo de España”, engadiu. Para Marta Míguez, “todo isto foi conseguido con xente de aquí, amantes da nosa cidade e do noso deporte, porque se o Rallye de Ourense chegou tan lonxe foi grazas a uns cimentos asentados sobre a tradición”.

Neste sentido, falou de Estanislao Reverter, “pai da Escudería Ourense e gran ideólogo desta proba”. Un home que, segundo as verbas da secretaria xeral, regalou á cidade de Ourense “unha escudería que lle dá sentido a toda a paixón ourensá polo automobilismo, un coche invencible creado polas súas propias mans de cirurxián, o Alpinche, e un rally que hoxe é considerado como un dos mellores tanto no panorama autonómico como no nacional e mesmo no internacional”.

Respecto ás 50 probas que se levan disputado do Rallye de Ourense, Marta Míguez destacou que 46 edicións foron puntuables para o Campionato de España de Rallyes de Asfalto e dúas -nos anos 79 e 80- foron puntuables para o Campionato de Europa. Deste xeito agradeceu a confianza depositada no rally ao presidente da Real Federación Española de Automobilismo, presente no acto.

A 51ª edición do Rallye de Ourense – Ourense Termal contará con máis de 500 quilómetros de percorrido e 10 tramos cronometrados aos que se enfrontarán un total dunhas 80 parellas de pilotos e copilotos. Cómpre destacar que na primeira edición do rally, no ano 1967, participaron tan só 42 vehículos.


- Te recomendamos -