A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo esta mañá no seu despacho un encontro institucional co tenente coronel xefe do quinto batallón da Unidade Militar de Emerxencias, Álvaro Díaz Fernández, coincidindo coa estancia na provincia dos 400 militares que integran esta unidade militar para realizar distintas manobras relacionadas con intervencións en caso de inundacións en distintos concellos ourensáns.
Marisol Díaz agradeceulle a Díaz Fernández a estreita colaboración desta unidade militar nas campañas de extinción de incendios forestais da Xunta de Galicia na provincia ourensá.
- Te recomendamos -