Inicio Galicia Mar Pereira destaca a importancia de fixar talento no ámbito da ciberseguridade...

Mar Pereira destaca a importancia de fixar talento no ámbito da ciberseguridade en Galicia

0

A directora da Amtega inaugurou hoxe a III Xornada de Ciberseguridade, que organiza o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia


A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, destacou hoxe a importancia de “fixar talento” en Galicia en torno á ciberseguridade e da colaboración entre sector público, privado, universidades e centros tecnolóxicos para reforzar un tecido local con capacidades neste ámbito. A responsable autonómica inaugurou esta mañá a III edición da Xornada de Ciberseguridade en Galicia, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

Expertos de primeiro nivel debaten esta mañá en Santiago sobre os retos da seguridade e a privacidade na Rede tras a recente entrada en vigor, o pasado 25 de maio, do novo Regulamento Europeo de Protección de Datos. A directora da Amtega sinalou que este novo regulamento establece una normativa común e incidiu na necesidade de facilitarlle as empresas e administracións máis pequenas a adaptación ao mesmo e que a seguridade non se converta nunha barreira para que as pemes poidan incorporarse á economía dixital e as entidades locais á transformación dixital. En canto á adaptación da Administración autonómica ao novo RXPD, lembrou que é imprescindible a cooperación de diferentes perfiles xa que a ciberseguridade conxuga aspectos tecnolóxicos pero tamén xurídicos e a súa xestión require de colaboración e da suma de esforzos e que se identifique como prioritaria ao máis alto nivel. Pereira destacou que a Xunta vén de adaptar a súa Política de Seguridade ao novo regulamento e que xa ten á disposición da cidadanía a figura dos delegados de protección de datos. En paralelo estanse a abordar outros cambios como a análise de riscos. Finalmente, a directora da Axencia pública destacou a recente integración de Galicia na plataforma nacional de ciberseguridade CSIRT.es, que implica a consolidación do Centro de resposta ante incidentes de seguridade da Xunta e a validación dos seus procedementos en materia de seguridade. Este avance permitirá mellorar nas capacidades de coordinación con outras organizacións similares a nivel nacional co obxectivo final de acadar unha mellor protección do datos que xestiona a AmtegaEste recoñecemento é froito do labor conxunto dos profesionais TIC da Administración e a colaboración coas empresas do sector TIC, na maioría galegas.

Leer más:  La Xunta ofrece en este curso más de 132.000 plazas en su programa de formación de docentes, un aumento del 7,5%

A plataforma CSIRT.es está integrada polo Centro Criptolóxico Nacional (dependente do CNI), o CERT de seguridade e Industria (dependente do INCIBE), o Centro Nacional de Protección de Infraestruturas e Ciberseguridade, Mando Conjunto de Ciberdefensa, a Policía Nacional, organismos estatais relevantes, corporacións privadas, empresas tecnolóxicas de seguridade e as Comunidades Autónomas máis avanzadas na materia: Cataluña, Valencia, Andalucía e agora Galicia.


- Te recomendamos -