O goberno galego regulou a formación mínima que deben ter os socorristas acuáticos a través do Decreto 104/2012, do 16 de marzo, no que se establece a formación mínima e se o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia
Un total de 5.404 persoas están inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, o que os habilita para poder traballar nas nosas praias este verán, e acada un 11,8 por cento mais de profesionais habilitados que o ano pasado.
A premisa da Xunta é que todos os veráns as praias galegas conten cos mellores profesionais para levar a cabo unha tarefa tan importante como velar pola seguridade dos milleiros de bañistas que cada día están no litoral galego.
Inda que as competencias para contratar socorristas correspóndelle a cada concello, o Goberno galego co obxectivo de garantir a seguridade e a prestación dun servizo de calidade no ano 2012 regulou a formación mínima que deben ter os socorristas acuáticos a través dun decreto que establecía a formación mínima que debían ter e se creaba o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Cabe lembrar que o decreto foi aprobado coas achegas dos principais axentes implicados: Fegamp, tres universidades galegas, Cruz Vermella e Federación de socorrismo de Galicia e sometido a exposición pública para ter en conta as achegas da cidadanía.
- Te recomendamos -