O departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña oferta neste proceso un total de 286 prazas, das que 241 pertencen á categoría de médico de familia
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos convocados por Resolución do 1 de marzo de 2018 para o ingreso nas categorías de médico de familia, grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, enxeñeiro técnico e técnico superior en documentación sanitaria.
En total resultaron admitidos 2.557 aspirantes, dos cales 1.010 corresponden á categoría de médico de familia, 277 á de grupo técnico da función administrativa, 774 á de grupo de xestión da función administrativa, 227 a enxeñeiro/a técnico e 269 optarán ás prazas de técnico superior en documentación sanitaria. Ofértanse neste proceso un total de 286 prazas, das cales 241 pertencen á categoría de médico de familia, 18 ao grupo de xestión da función administrativa, 11 a técnico superior en documentación sanitaria, 9 a grupo técnico da función administrativa e 7 corresponden a enxeñeiro técnico.
As probas selectivas celebraranse no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra) durante a fin de semana do 24 e 25 de novembro.
Maior seguridade no procesoIniciaranse as xornadas de exame cos aspirantes da categoría de grupo de xestión da función administrativa, convocados para o sábado 24 de novembro, ás 9,30 horas e continuarán o domingo 25 de novembro cos aspirantes das categorías de médico de familia e enxeñeiro/técnico, convocados ás 9,30 horas e grupo técnico da función administrativa e técnico superior en documentación sanitaria, que se examinarán nesta mesma data, a partir das 16 horas.
Na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) recóllese a información das distintas portas de acceso ao recinto e a relación de aspirantes comprendidos en cada unha delas. Este proceso selectivo incorpora importantes novidades tendentes a dotar dunha maior seguridade ao proceso nas súas diversas fases, entre as que cómpre destacar a posta a disposición dos tribunais de selección dunha plataforma securizada para a elaboración de cada un dos exercicios da fase de oposición, garantindo deste xeito o seguimento de todo o proceso, así como a selección aleatoria e automatizada das preguntas do exame.https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181109/AnuncioG0003-021118-0004_gl.html’ title=’https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181109/AnuncioG0003-021118-0003_gl.html”>’>https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181109/AnuncioG0003-021118-0003_gl.html”>https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181109/AnuncioG0003-021118-0003_gl.html’ title=’https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181109/AnuncioG0003-021118-0002_gl.html”>’>https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181109/AnuncioG0003-021118-0002_gl.html”>https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181109/AnuncioG0003-021118-0002_gl.html’ title=’https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181109/AnuncioG0003-021118-0001_gl.html”>’>https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181109/AnuncioG0003-021118-0001_gl.html”>https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181109/AnuncioG0003-021118-0001_gl.html
- Te recomendamos -