Inicio Galicia Máis de 21.500 persoas participarán nas novas oposicións para acceder a un...

Máis de 21.500 persoas participarán nas novas oposicións para acceder a un posto de traballo na Xunta de Galicia

0

Outras 1.800 persoas competirán en seis oposicións de promoción interna, co obxectivo de progresar na súa carreira profesional


Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2018.- Un total de 21.577 persoas foron admitidas de xeito provisional para participar nalgunha das 12 oposicións convocadas pola Xunta de Galicia para acceder a un posto de traballo na Administración autonómica. Ademais, outras 1.787 persoas tamén foron admitidas para participar en seis concursos-oposicións de promoción interna, co obxectivo de progresar na súa carreira profesional.

Os datos da Dirección Xeral da Función Pública confirman as previsións do Goberno galego, que agardaba un elevado volume de inscricións ao ser esta a maior convocatoria simultánea dos últimos anos, posto que se trata de 18 procesos selectivos e un importante número de prazas en quenda libre en distintas áreas da Administración galega.

De feito, a Administración galega convocou un total de 614 prazas nestes 18 procesos selectivos. Desta cantidade, 248 prazas son de acceso libre e a elas pode presentarse calquera persoa que queira entrar a traballar na Xunta e cumpra os requisitos establecidos en cada convocatoria, como a titulación esixida. As outras 366 prazas son de promoción interna, é dicir, reservadas a persoal que xa traballa na Administración galega e que quere promocionar a un posto de maior categoría ou que se adapta mellor ás súas preferencias.

O maior número de persoas admitidas nas oposicións de acceso libre concéntrase na oposición para o corpo auxiliar da Administración (C2), con 10.106 aspirantes. É igualmente significativo o número de admitidos para a oposición de camareiro/a limpador/a – axudante de cociña (grupo V), con 6.582 persoas nas listas provisionais.

Consulta das listaxesO vindeiro venres, 21 de setembro, está prevista a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) das resolucións da Dirección Xeral da Función Pública polas que se aproban e se dan a coñecer as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nestes 18 procesos selectivos. As relacións de admitidos e excluídos poderanse consultar no portal web da Xunta. No caso das persoas excluídas figurará a causa de exclusión.

As persoas excluídas, así como as que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles –contados a partir do seguinte ao da publicación destas resolucións no DOG– para reclamar e emendar, de ser o caso, a causa que motivou a súa exclusión. Máis de 600 prazas convocadasEntre as convocatorias inclúense as oposicións para cubrir 76 prazas na categoría de camareiro/a-limpador/a e axudante de cociña, coas que se reforzarán os centros de servizos sociais dependentes da Xunta. Son as primeiras oposicións convocadas nesta categoría desde 2006. Tamén se convocan 121 prazas de acceso libre para reforzar as distintas consellerías. Desta cifra, 53 prazas correspóndense con auxiliares administrativos (subgrupo C2), 38 para o corpo superior da Administración (subgrupo A1) e outras 30 prazas para o corpo de xestión da Administración (subgrupo A2). A Xunta inclúe igualmente nas convocatorias de acceso libre 51 prazas de alta especialización, que contemplan 28 prazas en catro escalas de enxeñaría, 16 prazas para a escala superior e técnica de finanzas e outras 7 para a escala de informáticos/as e para inspección urbanística. En canto á promoción interna, as convocatorias contan con 350 prazas para persoal de consellerías –incluídas 44 para o grupo A1, 70 para o grupo A2, 130 para o subgrupo C1 e 106 para o C2- e outras 16 prazas para escalas de informática.

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:”Tabla normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:””; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:”Calibri”,”sans-serif”; mso-bidi-font-family:”Times New Roman”;}

PROCESOS SELECTIVOS E PERSOAS ADMITIDAS  

ACCESO LIBRE:

 

Persoas admitidas

Corpo auxiliar da Administración (C2)

10.106

Camareiro/a limpador/a – Axudante de cociña (grupo V)

6.582

Corpo de xestión da Administración (A2)

1.984

Corpo superior da Administración (A1)

1.154

Escala técnica de finanzas

469

Enxeñería técnica Agrícola

350

Escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos

202

Escala superior de finanzas

178

Escala de informática – Sistema e tecnoloxías da información

168

Escala de enxeñeiros/as agronómicos/as

143

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as de obras públicas

126

Escala de subinspección urbanística

115 

PROMOCIÓN INTERNA:

 

Persoas admitidas

Corpo administrativo da Administración (C1)

1.037

Corpo de xestión da Administración (A2)

455

Corpo auxiliar da Administración (C2)

176

Corpo superior da Administración (A1)

63

Escala xestión de sistemas de informática

36

Sistemas e tecnoloxías da información

20 


- Te recomendamos -