Inicio Galicia Máis de 2.300 visitantes participaron no 2018 no programa de educación ambiental...

Máis de 2.300 visitantes participaron no 2018 no programa de educación ambiental do Parque Natural das Fragas do Eume

0

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio comezará nos vindeiros días un proxecto de mellora en varias zonas do parque, onde se invisten máis de 55.000 euros


O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañou hoxe a un grupo de 140 escolares de 3 a 11 anos do Mestre Rodríguez Xixirei de Santiago na súa visita ao Parque Natural das Fragas do Eume, onde participaron no programa de educación ambiental con visitas guiadas.

Ata o de agora, neste ano un total de 2.300 visitantes participaron deste programa nas Fragas do Eume, “xa que unha peza clave da política de conservación da natureza é dar a coñecer e facilitar a visita aos espazos naturais, para que poidan coñecer e gozar so patrimonio natural galego, ademais de concienciarse da necesidade da súa conservación”, dixo o delegado territorial. Do total de visitantes, 1.219 foron escolares procedentes de 27 centros escolares.

Ademais, Ovidio Rodeiro tamén coñeceu de primeira man o proxecto de mellora de varias instalacións do parque, onde a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá algo máis de 55.000 euros. As obras, que teñen un prazo de execución de tres meses, céntranse en catro actuacións.

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

Grazas a esta iniciativa construirase unha nova pasarela peonil de madeira sobre o río Senín. Esta instalación sitúase no entorno de Encomandeiros, na ruta máis transitada do parque e terá 15 metros de lonxitude e 1,5 de ancho. O proxecto tamén contempla mellorar e reforzar os pasos de auga da pista forestal Pousadoiro, única alternativa á estrada para chegar a Caaveiro en vehículo, polo que resulta fundamental de cara á seguridade e xestión do parque natural.

Ademais, o parque contará cunha nova área recreativa no centro de visitantes de Monfero, que contará con zona axardinada, árbores autóctonos e 10 mesas e bancos de madeira tratados con autoclave. Por último o proxecto tamén permitirá o arranxo das fontes na área recreativa Alameda. As obras están cofinanciadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020.

O Parque Natural das Fragas do Eume foi visitado en 2017 por arredor de 37.000 persoas. Conta cun centro de interpretación e recepción de visitantes en Ombre e 8 itinerarios sinalizados, que suman case 50 quilómetros.

Leer más:  Un camionero fallece en la A-52 en Toén (Ourense) al ser arrollado después de descender del vehículo por un reventón en una de las ruedas

- Te recomendamos -