Ao concurso presentáronse 87 vídeos, realizados por alumnos de infantil e primaria, nos que os nenos prepararon receitas saudables
Un total de 1.734 alumnos de educación infantil e primaria de 31 centros galegos participaron na primeira edición do certame Chefs saudables, organizado pola Consellería de Sanidade, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Foro Interalimentario e a Unión de consumidores de Galicia (UCGAL). Ao certame, concorreron 87 vídeos nos que os rapaces tiñan que preparar unha receita saudable dun prato principal que, a lo menos, tiña que conter legumes, peixe e/ou verduras e hortalizas. Ademais, había que incluír unha explicación da razón pola que os escolares elixiron esa receita e os motivos polo que consideran que é saudable.
Os membros do xurado, entre os que se encontraba o cociñeiro Pepe Solla, tivo en conta a creatividade, os pasos da elaboración da receita, a presentación final, a degustación do prato ou a adecuación da proposta para o grupo de idade entre outros factores.
Nesta primeira edición establecéronse tres categorías de participación, en función das idades dos rapaces. Así, a primeira categoría corresponde a educación infantil (4º-6ª curso). O primeiro premio, foi para a aula A de 5º de educación infantil do CEIP San Martiño, Pontevedra (Pontevedra) polo seu prato Barquiños “Sopa Verde”. O primeiro accésit foi para a Aula de 5º de educación infantil do CEIP de Rubiáns, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) pola súa Pizza Vegetal e o segundo accésit recaeu na aula 5º A de educación infantil do CEIP Carlos Casares, Xinzo de Limia (Ourense) polos seus Canapés de ensalada.
A segunda categoría, correspondente a educación primaria (1º-3º curso) outorgáronse 3 premios. O primeiro premio, foi para a aula de 2º de educación primaria do CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción, Sarria (Lugo) polo seu prato E ti… apúntaste a unha comida saudable? O segundo premio, foi para a aula de 2º de educación primaria do CEIP Manuel Respino, da Rúa (Ourense) polo seu prato Bolboreta á mariñeira. O terceiro, foi para a aula de 1º de educación primaria do CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción, Sarria (Lugo) para a súa receita a que non lle puxeron nome.
Na terceira categoría, correspondente a educación primaria (4º-6º curso), o primeiro premio, foi para a aula de 6º B EP, CEIP Manuel Respino, Rúa (A) (Ourense) polo seu prato Popietas de pescada con humus de garavanzos e ensalada. O segundo premio, foi para a aula de 5º EP, CEIP Manuel Respino, Rúa (A) (Ourense) polo seu prato Lentellas á vinagreta con atún e o terceiro premio recaeu na aula de 5º A de educación primaria do CPR Compañía de María – Santiago, Santiago de Compostela (A Coruña), co seu prato Pasta con mexillóns e algas e Ensalada temperada de xardaAdemais das xa mencionadas, houbo unha categoría especial, correspondente a centros con menos de 50 escolares. O primeiro premio desta categoría foi para o CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira, San Amaro (Ourense) polo seu prato Berenxenas recheas de merluza. O segundo premio levouno o CEIP Virxe da Pena da Sela, Irixo (O) (Ourense) polos seus pratos: Xoaniñas, Coello ó romero con guarnición e Limóns recheos de froitos do bosque e o terceiro foi para o CEIP de Vilariño de Conso (Ourense), co seu prato Lentellas Mix.
Por parte da Consellería de Sanidade, asistiu o director Xeral de Saúde Pública Andrés Paz-Ares e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o director Xeral de Centros e Recursos Humanos José Manuel Pinal Rodríguez. Dende a organización do certame se destaca que o patrón dietético é determinante para un óptimo estado nutricional e de saúde. Os hábitos alimentarios adquírense e consolídanse na infancia, polo que esta etapa é especialmente relevante para promover un estilo de vida saudable.
- Te recomendamos -