Inicio Galicia Licitadas por máis de 230.000 euros as obras de reforma e adaptación...

Licitadas por máis de 230.000 euros as obras de reforma e adaptación da Alameda da Ponte en Ourense

0

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio licita hoxe no perfil do contratante esta actuación que mellorará o estado deste punto do concello

A Xunta de Galicia licita as obras de reforma e adaptación da Alameda da Ponte no Concello de Ourense por un importe de máis de 230.000 euros. Na plataforma de contratación da Xunta de Galicia pódese acceder á información relativa a esta licitación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Trátase dunha actuación que ten por obxectivo mellorar a contorna urbana, a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas, co fin de revitalizar o territorio e o reequilibrio territorial deste concello.

O proxecto de reforma e acondicionamento propón a recuperación dunha zona moi singular na Cidade das Burgas, como é a Alameda da Ponte, que presentan un estado de abandono dentro do crecemento urbano dirixido en beneficio doutros espazos máis recoñecidos da ordenación actual. É necesario intervir para fomentar o seu uso por parte dos veciños tanto na comunicación e accesibilidade peonís como nun marco baseado no descanso urbano dentro do tempo de lecer dos mesmos.

Con esta intervención buscase recuperar a zona oeste, que forma cuberta axardinada das propiedades (baixos comerciais) existentes na súa parte inferior, a cota do viario inferior, con grandes problemas de filtración de auga. A actuación tende a reparar, ou substituír nos puntos necesarios, o elemento de peche, cornixa e balaustrada, así como solucionar a ausencia de medidas de protección regulamentaria, fronte a caída, ben como diversas accións encamiñadas a arranxar instalacións, equipamento e mellora das condicións de accesibilidade.

En definitiva, prevese unha nova colocación de mobiliario urbano e equipamentos, a impermeabilización da zona oeste da actuación, a rehabilitación da fonte, a reparación do peche da marquesiña e o seu axardinamento.


- Te recomendamos -