Inicio Galicia Lete Lasa participa no acto de presentación dos equipos de baloncesto do...

Lete Lasa participa no acto de presentación dos equipos de baloncesto do Arxil

0

O secretario xeral para o Deporte desexou o maior dos éxitos aos 15 equipos do club, “todo un referente nacional no desenvolvemento do deporte feminino”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participou no serán de hoxe na presentación dos equipos do Club Baloncesto Arxil para a tempada 2018-2019. No curso do acto, e tras desexar todo o éxito aos 15 equipos para a presente tempada, o secretario xeral remarcou a notable labor realizada polo club, ó que describiu como “todo un referente nacional no desenvolvemento do deporte feminino”. Nas súas verbas o secretario xeral destacou o gran traballo da entidade deportiva, nada en 1984 de dúas “iconas e pioneiras” como son a adestradora Maite Méndez e a presidenta Milagros Sanmartín.

Lete Lasa recalcou o compromiso da Xunta de Galicia ca labor do club, “co que este goberno se sinte especialmente identificado polo seu decidido compromiso coa práctica deportiva en igualdade”. Neste punto, o secretario xeral recordou como a instalación referente da secretaria xeral para o Deporte, e da excelencia deportiva galega, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva, é “tamén a casa do Arxil, o estadio onde o club xoga os seus partidos como local”, así como tamén o feito de que a entidade forme parte do Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia da Fundación Deporte Galego dende o inicio do programa.

O secretario xeral valorou moi positivamente esta relación entre club e administración, e destacou que “seguirá a producirse durante moitos anos, porque só xuntos podemos conseguir que medre o deporte galego”. Neste sentido, Lete Lasa finalizou remarcando como, froito desta colaboración e traballo conxunto, o baloncesto é un deporte en continuo crecemento na nosa comunidade e, sobre todo, “é a modalidade deportiva onde o deporte feminino conta co maior número de licencias federativas, feito que, sen dúbida, é produto tamén da labor realizada dende este club”. 


- Te recomendamos -