Inicio Galicia Lete Lasa destaca o HQR! do Diario de Pontevedra como a ?verdadeira...

Lete Lasa destaca o HQR! do Diario de Pontevedra como a ?verdadeira festa que serve de promoción a todo o deporte?

0

Lembra que parte da actividade desta festa “pontevedresa deportiva, da saúde e da convivencia” celébrase nas instalacións do CGTD, “a gran casa do deporte de Galicia”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participou no serán de hoxe na presentación da décimo sétima edición da Festa HQR! do Diario de Pontevedra. Alí enxalzou o deporte base como “o sustento do noso sistema deportivo” e destacou que en Pontevedra, case 43.000 nenos e nenas están inscritos no Programa Xogade da Xunta de Galicia, o que supón a terceira parte do total, uns 125.000. O HQR! é a “verdadeira festa que serve de promoción para todo o deporte e, desta maneira, unha cita anual que vén a levantar unha mellor cidade de Pontevedra”, dixo.

Nas súas verbas recordou que a UNICEF destaca “por encima de calquera outra cousa o poder do deporte na súa contribución ao desenvolvemento das persoas”. HQR! bebe deste espírito e confecciona unha festa do deporte para todas as persoas porque o deporte “pon as bases de sociedades mellores”. “O papel simultáneo de cada un de nós, de todos nós, é a verdadeira clave que nos levará a un mellor aproveitamento do enorme potencial do deporte: nais e pais, entidades deportivas, educadores, Administracións e, por suposto, como non, medios de comunicación”, engadiu.

Así tamén lembrou que parte da actividade desta festa “pontevedresa deportiva, da saúde e da convivencia” celébrase nas instalacións do CGTD, “a gran casa do deporte de Galicia”.

A décimo sétima edición do HQR! contará con 8.000 participantes entre as actividades de base e outras actividades deportivas. Dentro das actividades de base contabilízanse 5.000 nenos e nenas e máis de 200 equipos coa colaboración de preto de 200 voluntarios. En total realizaranse 32 actividades deportivas e 16 exhibicións entre o 25 e o 30 de decembro. Como novidade cómpre destacar o Urban Fest que achegará a Pontevedra modalidades tan importantes como o BMX, o parcour ou o skate, que en Toquío 2020 será deporte olímpico.


- Te recomendamos -