Inicio Galicia Lete Lasa agradece o traballo das federacións deportivas galegas na quinta reunión...

Lete Lasa agradece o traballo das federacións deportivas galegas na quinta reunión do Foro de Deporte Federado e ofrece ?permanente diálogo e colaboración intensa e frutífera?

0

Anuncia unha subida orzamentaria na partida destinada ás federacións que rondará o 10% e que irá parella á subida do orzamento total da Secretaría Xeral que no vindeiro exercicio medra un 10,5% ata chegar aos 24.259.027 euros, o presuposto máis elevado desde o ano 2010


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, recibiu no serán de hoxe a numerosos representantes das federacións deportivas galegas na cuarta xornada do Foro de Deporte Federado ‘Optimizando sinerxías’ onde se compartiron posturas, reflexións e análises da situación actual do deporte galego desde a perspectiva do deporte federado, así como as propostas presentadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, coa fin de aproximar obxectivos dun xeito harmónico e responsable. Nesta quinta reunión os temas de meirande importancia debatidos foron o escenario orzamentario para o vindeiro ano 2019 así como o formato das subvencións a federacións deportivas galegas. Lete Lasa agradeceu o traballo das federacións e ofreceu “permanente diálogo, colaboración intensa e frutífera”.

Nas súas verbas, o máximo responsable do Deporte galego anunciou unha subida orzamentaria na partida destinada ás federacións deportivas galegas que rondará o 10%, tendo en conta que no exercicio de 2018 destináronse un total de 3.647.896 euros a este respecto. Este incremento é parello á subida do orzamento total da Secretaría Xeral para o Deporte que no vindeiro exercicio de 2019 medra un 10,5% ata chegar aos 24.259.027 euros, o presuposto máis elevado desde o ano 2010.

Rede Deporte GalegoO Foro de Deporte Federado forma parte da Rede Deporte Galego, que botou a andar o pasado 10 de abril de 2017 cunhas xornadas de formación para facilitar o acceso e o manexo da comunicación e administración telemática das federacións deportivas galegas. A creación da Rede da cumprimento a unha das promesas contidas no programa electoral de 2016 no que se propuña esta plataforma. A Rede inclúe foros, xornadas de formación, axendas de traballo e reunións que, de forma periódica e por sectores, posibilitarán encontros para a posta en común de coñecemento e experiencias, garantindo un tecido colaborativo forte e competitivo. Nestes foros abarcarase desde os sectores tradicionais do deporte (axentes ou eventos deportivos, entre outros) pasando por outros máis novidosos como o da investigación, desenvolvemento e innovación, ou o do turismo.

Deste xeito, a Rede Deporte Galego garante unha auténtica Administración pública colaborativa do e para o deporte galego, ao servizo das súas necesidades, actúa como canle de comunicación entre os distintos sectores do noso deporte e estará ao servizo dos restantes obxectivos xerais da lexislatura.


- Te recomendamos -