Inicio Galicia A Coruña La Xunta y Abanca renuevan su plan de patrocinio de equipos y...

La Xunta y Abanca renuevan su plan de patrocinio de equipos y destacan los logros de la colaboración público-privada

0

Abanca prorroga outro cinco anos o seu apoio a este plan de Deporte Galego cun investimento de sete millóns de euros

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 (EUROPA PRESS)

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deporte, Diego Calvo, e o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet Rodríguez, participaron este martes na renovación do convenio para o financiamento do Plan de Patrocinio de Equipos galegos de Alta Competición, ao que a entidade bancaria destinará nos próximos cinco anos sete millóns de euros.

Durante o acto, no que foron galardoados os 23 equipos que levan participando neste plan de patrocinio desde a súa primeira edición, en 2009, todas as partes reivindicaron os éxitos alcanzados no ámbito deportivo grazas á colaboración público-privada. En concreto, Abanca leva sendo patrocinador oficial desta iniciativa 10 dos seus 16 anos.

Para o presidente da Xunta, este é un “exemplo práctico perfecto” dunha alianza e “colaboración exitosa” público-privada, que ademais de axudar ao labor dos equipos da Comunidade, contribúe a difundir a imaxe e reputación dun sector con “altos beneficios” sociais e económicos para Galicia.

Leer más:  En la oficina de Correos de Cádiz se realiza una exposición sobre carnavales y se presenta un sello de Adela del Moral

Rueda lembrou que para coidar o talento “fan falta recursos e investimentos”, e convenios como este “son fundamentais”, mostrando que “as empresas potentes de Galicia confían na potencia de Galicia a través do deporte”.

Nas súas propias palabras, da marca Galicia Calidade e da súa proxección ao mundo tamén forma parte o deporte, “un dos mellores exemplos de que aquí as cousas se fan moi ben”, e os deportistas, acompañados por directivos e familia, cando adestran, compiten e axudan a outros a superar os seus límites, explotando o seu talento, crecendo como persoas e “engrandeciendo a imaxe de Galicia”.

O Goberno galego traballa para impulsar o talento e fomentar a excelencia no deporte mediante este Plan e outras medidas como o Bono Deporte, que en 2024 impulsou o deporte base cun investimento de 16 millóns, ou as bolsas e axudas a deportistas, técnicos e árbitros. Entre outros ámbitos, destacou os grandes avances en materia de igualdade que se están dando grazas a estes apoios, lembrando que dos 30 equipos femininos que había en 2009, na primeira edición deste plan, xa son 112.

Leer más:  Un trabajador fallece después de caer desde un puente en construcción en la N-322 en Balazote (Albacete)

COMPROMISO EFECTIVO CON GALICIA

Pola súa banda, Juan Carlos Escotet lembrou que a contribución co deporte galego foi “unha das primeiras demostracións do compromiso efectivo” da entidade con Galicia, un plan de patrocinios que, lembrou, beneficiou a 250 clubes dunha trintena de disciplinas deportivas na súa traxectoria.

“Non ratificamos este convenio de forma rutineira, estar aquí hoxe é algo que nos concerne e nos importa profundamente”, dixo ante un Auditorio Fontán repleto de deportistas, dos que eloxiou aspectos como o esforzo, a constancia, o desexo de superación ou a fixación de metas, como principios nos que tamén cre Abanca.

Na mesma liña que o presidente galego, Diego Calvo tamén reivindicou as 16 edicións deste plan de patrocinio, 10 delas da man de Abanca, como exemplo “de éxito” na “colaboración público privada en beneficio do deporte”. Con iso, engadiu, reivindícanse valores deportivos como “a unión de esforzos” e o “espírito de equipo”.

O “principal obxectivo deste plan”, ademais do fomento do deporte en si, dixo Calvo, é “difundir a imaxe de Galicia e do deporte galego no exterior”, dado que os deportistas son “os mellores embaixadores da marca Galicia”.

Leer más:  Besteiro defiende una "reindustrialización sostenible" y políticas demográficas efectivas ante empresarios vigueses

- Te recomendamos -