Inicio Galicia José González destaca o labor de Acruga por consolidar a Rubia Galega...

José González destaca o labor de Acruga por consolidar a Rubia Galega como unha das razas autóctonas máis importantes de España

0

A consellería destina máis de 600.000 euros a través dun convenio de colaboración con esta asociación, que ten como obxectivo impulsar o programa de consolidación e diversificación xenética desta raza

O conselleiro do Medio Rural, José González, participou esta mañá na celebración do 50 aniversario da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (Acruga), onde destacou o compromiso e labor desta entidade por consolidar a rubia galega como unha das razas autóctonas máis importantes de España.

Así, na actualidade Galicia mantén a súa posición de liderado no ámbito nacional ao ter censados case 36.000 exemplares desta raza. “A rubia galega ten un enorme prestixio entre os consumidores, gañado a pulso polos criadores e gandeiros e coa axuda da Administración”, salientou o conselleiro.

Neste senso, José González subliñou os máis de 600.000 euros que destina o seu departamento a través dun convenio de colaboración con Acruga, que ten como obxectivo impulsar o programa de consolidación e diversificación xenética da raza rubia galega para, en definitiva, potenciala e poñela en valor.

Leer más:  Ninguno de los municipios gallegos con zonas de gran afluencia prevé seguir a Santiago e implantar una tasa

Precisamente esa aposta pola mellora xenética como vía para incrementar a calidade desta raza é unha das liñas fundamentais de traballo da consellería, que se está a reforzar a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal). O titular de Medio Rural manifestou que para seguir mantendo a posición de liderado neste sector é preciso intensificar a aplicación do I+D+i ou a formación dos propios gandeiros para que os nosos produtos consigan o recoñecemento e prestixio que avala a súa calidade.

AcrugaA Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de raza Rubia Galega (Acruga) é unha organización sen ánimo de lucro que se constituíu no ano 1968. Na actualidade forman parte dela un total de 1.247 socios e 1.760 criadores de raza rubia galega, cos que a asociación traballa para seguir a desenvolver un esquema de selección e mellora xenética da raza que permita seguir abrindo novos horizontes e aumentar a rendibilidade dos criadores, tentando posicionar o produto no ámbito comercial a un nivel preferente.

Cómpre destacar que a rubia galega é unha raza con historia e que tivo e ten un protagonismo social e económico de enorme importancia para a poboación e o medio rural, xa que esta raza cohabitou durante séculos cos produtores galegos e foi utilizada como actividade principal para a subsistencia de moitas familias. Nesta liña, o gando de raza rubia galega mantén un adecuado equilibrio socio-económico, cultural e medioambiental co seu territorio orixinal, sendo un dos expoñentes máis representativos do agro lucense, onde se atopan o 76% das explotacións e o 75% da cabana gandeira desta raza. 

Leer más:  Un camionero fallece al ser embestido por un vehículo después de descender del camión por un pinchazo en una rueda en la A-52 en Toén (Ourense)

- Te recomendamos -